Mostrando entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas

lunes, 29 de septiembre de 2008

ÓSOS E MÚSCULOS

Un xogo axeitado para PDI para traballar os principais ósos e músculos do corpo.
Desvantaxes:
- Os debuxos son demasiado infantilizados. Moi lonxano da realidade.
- Non ofrece aprendizaxe titorado previo. É só avaliativo.
- Faltan moitos elementos tanto do esqueleto coma dos músculos que son tan ou máis importantes coma os que avalía.
Vantaxes:
- Ofrece un feedback inmediato do acerto ou fallo e fai a corrección.
- Pode ser útil nalgún momento puntual coma xogo de entretenemento ou para avaliar o grao de coñecemento dos elementos que aparecen no recurso.

Destinatarios: Ata 2º de Educación Primaria.

lunes, 15 de septiembre de 2008

HIXIENE PERSOAL

Un novo recurso máis para traballar contidos relacionados coa hixiene do corpo (en concreto á ducha, lavar os dentes). A lingua utilizada é o castelán e está dividido nos seguintes apartados:
- Atender: Conto relacionado sobre a temática do aseo persoal.
- Xogar: Algúns son axeitados para PDI, outros non (funcionan co teclado).
- Ver: Galería de fotografías relacionadas coa hixiene (bañeira, ducha, xabrón,...) e Museo con obras de arte sobre o tema.
- Oir: Sons, poesía da hixiene,...

- Tocar: Fichas para imprimir e recortar, colorear,...

DIRIXIDO A: Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria.

ENLACE:http://nea.educastur.princast.es/repositorio/RECURSO_ZIP/2_1_ibcmass_u17/index.html

lunes, 30 de junio de 2008

HÁBITOS ALIMENTARIOS

A través deste completo recurso flash poderemos traballar os aspectos básicos dunha dieta completa e axeitada co cal poderemos reforzar o importante obxectivo de que os nenos/as aprendan a comer sano. Ademáis dun xogo sobre a pirámide de alimentos, o recurso incorpora unha serie de notas teóricas sobre os hábitos alimentarios que debemos ter, trastornos da conducta alimentaria, recetas, ...

É por tanto un recurso aplicable, en función da profundidade coa que se trate, tanto a Infantil, Primaria ou ESO. Para a Secundaria e os niveis máis altos de Primaria poderíase realizar unha webquest utilizando este recurso para obter diferentes informacións en relación coa conducta alimentaria.

Aquí vos deixo o enlace para que poidades perdervos nel. Outra posibilidade é abordar o recurso a través dun mapa web.


MÚSCULOS DO CORPO
Este é un recurso en liña que trata dos músculos do corpo. No inicio dásenos a oportunidade de aprender os principais músculos, pero posúe tamén unha parte de avaliación na que se nos presenta unha serie de actividades relacionadas con esta temática. En grande medida resultaría un recurso axeitado para empregar con PDI.

sábado, 24 de mayo de 2008

UN FLASH DE TENIS

Similar ao de baloncesto, temos aquí outro recurso das mesmas características adicado ao tenis. O xogo consiste en premer na pelota para mantela no aire, polo que resulta tamén moi axeitado para o traballo na PDI. Fai clic na imaxe para acceder ao xogo.

lunes, 19 de mayo de 2008

UN FLASH DE BALONCESTO

Como xa quedou patente nun artigo posterior adicado a un xogo con webcam relacionado co baloncesto, estamos de acordo que este tipo de aplicacións, aínda que en ningún modo poden sustituir á práctica real do deporte, si poden supoñer un interesante recurso de motivación inicial nunha determinada unidade didáctica.


Pois ben, aquí temos outro exemplo algo menos conectado coa realidade motriz que no caso do http://www.playdojam.com/, pero que proxectado e vivenciado ca PDI pode ter uns resultados bastante satisfactorios en canto a motivación e como introducción ao baloncesto.


Trátase dunha aplicación Flash colgada en internet, polo que para usala debemos ter conexión.

domingo, 11 de mayo de 2008

ACTIVIDADES JCLIC PARA EDUCACIÓN FÍSICA

Tralo traballo de recopilación de actividades JClic existentes para a área de Educación Física, presentamos de seguido o listado de material recabado e os enlaces a ditos recursos:

"Conoce tu cuerpo y mejora tu salud con la Educación Física"
Proxecto con 25 actividades que se propó como unha ferramenta para relacionar as TICs coa educación física. Anatomía do corpo humano, funcionamento dos sistemas cardio-respiratorios, comportamentos en clases prácticas de educación física e actitudes para coidar a saúde utilizando a actividade física.

"Iniciación a Pelota Vasca"
Actividades para iniciar ao alumnado de terceiro ciclo de educación primaria no coñecemento do deporte da pelota man. Nas actividades explícase primeiro os aspectos máis importantes do deporte e a continuación plantéxanse diversos exercicios para comprobar que se entenderon correctamente.

"Probas combinadas de Atletismo: Decatlón"
Proxecto JClic sobre as probas do decatlón e algunhas das súas características. O proxecto consta de 3 partes: Coñece próbalas; Actividades e Queres competir?

"Minibasket"
Paquete de actividades sobre o minibasket para terceiro ciclo de primaria. O proxecto está dividido en dúas partes: Normas e Táctica.

"Actitudes, valores e non-violencia na educación física e o deporte"
Actividades que perseguen unha serie de obxectivos, todos eles xiran entorno ás actitudes e os valores que se deben ter presente en calquera deporte. Algúns destes obxectivos son os seguintes: Aprender a saber gañar e perder; Respectar aos compañeiros e compañeiras; Destacar e potenciar as condutas de xogo limpo; Valorar a competición como forma de divertirse; etc...

"Aprendizaxe interactiva na Educación Física"
Trabállanse conceptos relacionados co regulamento e a técnica de tres deportes: voleibol, Baloncesto e Fútbol.

"Baloncesto"
Esta actividade ten 4 apartados distintos sobre baloncesto: historia, regulamento, técnica e táctica. A actividade pretende dar uns contidos mínimos para que o alumno/a de 10 - 14 anos saiba xogar a baloncesto. A actividade dispón de numerosas imaxes recompiladas de distintos lugares que explican pormenorizadamente os obxectivos a conseguir. Á vez van acompañadas de exercicios que facilitan a aprendizaxe.

"Deportes"
Actividades relacionadas con distintas modalidades deportivas para alumnos/as de Educación Primaria e crebacabezas de escudos de diversos equipos españois de fútbol.
"Educación Física"
Actividades realizadas a partir dun caderno pequeno da editorial Edelvives, organizadas en cinco paquetes: Coñezo o meu corpo; Facemos deporte; Andar, correr, saltar...; Diante, detrás cerca...; Antes, durante e despois.
"Introducción ao mini-handbol"
Cinco paquetes de actividades para coñecer o regulamento do mini-balonmán: Os xogadores. A portería, o campo, a área e a pelota. O árbitro. Que está permitido e que non. O gol, o penalti e os servizos. Golpe franco, tempo morto e defensa mixta. Nas actividades explícanse primeiro os aspectos máis importantes do regulamento e a continuación exponse diversos exercicios para comprobar que se entenderon correctamente.

sábado, 22 de marzo de 2008

Máis actividades para traballar coa pizarra dixital


Para traballar os ósos e os músculos, especialmente no 2º ciclo, fixemos as seguintes actividades para traballar coa pizarra dixital: unha é para sinalar os ósos nun esqueleto mediante unha flecha e o outro para poñer correctamente o nome dos músculos . También poderemos traballar estos contidos con outras actividades que atopamos na rede coma os seguintes:

domingo, 9 de marzo de 2008

ACHEGAMOS A PIZARRA DIXITAL AOS PEQUENOS

A semana pasada no centro Os Muíños comezamos a traballar cos pequenos de infantil na pizarra dixital (máxica para eles) aproveitando este feito traballamos co mestre de pedagoxía terapéutica o recoñecemento do esquema corporal mediante o debuxo na mesma da silueta do corpo humano e as suas partes máis importantes (brazos,pernas,ollos...).
Dado o positivo desta experiencia repetiremos o traballo coa pizarra dixital nas seguintes sesións co fin de axudar na interiorización do esquema corporal dos pequenos. E así, tras traballar este aspecto na aula de novas tecnoloxías, faremos un traballo de control do corpo e recoñecemento das partes do mesmo traballadas nesta sesión no ximnasio para un mellor desenvolvemento de dito esquema corporal.

domingo, 2 de marzo de 2008

INFOGRAFÍAS PARA EDUCACIÓN FÍSICA

A wikipedia define infografía coma unha representación máis visual ca dos textos, na que interveñen descripcións, narracións ou interpretacións, presentadas de xeito gráfico. O termo tamén estase a popularizar para referirse a todas aquelas imaxes xeradas por ordenador. Máis específicamente adoita facer referencia á creación de imaxes que tratan de imitar o mundo tridimensional.
Tras realizar unha búsqueda de infografías útiles para a nosa área, aquí vos presento o resultado. Algunhas estarían máis enfocadas á ESO que a Primaria, pero considerei oportuno engadilas para poder recurrir a elas en caso oportuno. Se atopades algunha máis, engadídea a este post.

DEPORTES

Infografía sobre Atletismo
Infografía sobre Badminton
Infografía sobre Baloncesto
Infografía sobre Balonmano
Infografía sobre Voleibol
Infografía sobre Esgrima
Infografía sobre Judo
Infografía sobre Natación
Infografía sobre Tenis
Infografía sobre Senderismo
Infografía sobre Esquí Alpino
Infografía sobre lesións no Fútbol
Infografía sobre Saltos de Esquí
Infografía sobre Patinaxe Artístico
Infografía sobre Waterpolo



-----------------------------------------------------------------------------------------------------


SOBRE OS XX.OO.

Infografía sobre o "atleta biónico"
Infografía sobre a chama olímpica Pekín 2008
Infografía sobre as sedes en Pekín 2008
Infografía sobre o espiritu olímpico

sábado, 2 de febrero de 2008

ARTICULACIÓNS E POSTURAS


Aquí vos deixo unha nova proposta dirixida máis ben ao 1º ciclo de Primaria. Trátase dun arquivo flash no que se presenta un boneco articulado que podemos mover de forma similar a un de verdade. Un alumno/a crea unha determinada postura xogando para iso cas diferentes articulacións do boneco. Mentres, os seus compañeiros/as tratarán de representar a mesma postura creada polo compañeiro/a, o cal debe valorar o grao de similitude ca súa creación.
Por outra banda, podemos tratar de que o alumnado distinga entre posturas que supoñan unha situación de equilibrio ou de desequilibrio.
.
Esta actividade estaría relacionada co bloque O corpo: Imaxe e percepción. En concreto estaríamos traballando os seguintes contidos:
........- Experimentación de posturas corporais diferentes.
........- Experimentación de situacións de equilibrio e de desequilibrio.
........- Comprensión do concepto de "articulación" e identificación das principais articulacións do corpo.

Tamén en canto o bloque de Habilidades Motrices penso que poderiamos relacionar esta actividade, ainda que de forma indirecta, co contido:
........- Interese por coñecer as propias posibilidades de movemento e de acción.

domingo, 13 de enero de 2008

XOGOS CON WEBCAM

Mirade que invento para PC! Estes xogos utilizan a imaxe que a webcam captura para, a través do noso movemento, acadar o obxectivo do xogo. Aquí vos vai un exemplo: http://www.playdojam.com/. Este en concreto se trata de xogar ao Baloncesto. A través dos movementos que fagamos debemos conducir o balón ata a canasta correspondente. Podese xogar tamén con outro compañeiro!


A crítica que lle fago é que o sensor de movemento resulta un pouco tosco, polo que a transferencia en canto á técnica do xogo sería nula. Sen embargo, pódese utilizar dentro da fase de motivación nunha U.D. de Baloncesto e, de cara á presentación do deporte aos máis pequenos, para explicar os materiais necesarios e as normas básicas.
Outra posibilidade de aplicación sería a súa utilización neses recreos chuviosos nos que os rapaces, ávidos de actividad motriz, buscan unha alternativa ao parchis ou ás damas.