Mostrando entradas con la etiqueta Flash. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Flash. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de junio de 2008

HÁBITOS ALIMENTARIOS

A través deste completo recurso flash poderemos traballar os aspectos básicos dunha dieta completa e axeitada co cal poderemos reforzar o importante obxectivo de que os nenos/as aprendan a comer sano. Ademáis dun xogo sobre a pirámide de alimentos, o recurso incorpora unha serie de notas teóricas sobre os hábitos alimentarios que debemos ter, trastornos da conducta alimentaria, recetas, ...

É por tanto un recurso aplicable, en función da profundidade coa que se trate, tanto a Infantil, Primaria ou ESO. Para a Secundaria e os niveis máis altos de Primaria poderíase realizar unha webquest utilizando este recurso para obter diferentes informacións en relación coa conducta alimentaria.

Aquí vos deixo o enlace para que poidades perdervos nel. Outra posibilidade é abordar o recurso a través dun mapa web.


sábado, 24 de mayo de 2008

UN FLASH DE TENIS

Similar ao de baloncesto, temos aquí outro recurso das mesmas características adicado ao tenis. O xogo consiste en premer na pelota para mantela no aire, polo que resulta tamén moi axeitado para o traballo na PDI. Fai clic na imaxe para acceder ao xogo.

lunes, 19 de mayo de 2008

UN FLASH DE BALONCESTO

Como xa quedou patente nun artigo posterior adicado a un xogo con webcam relacionado co baloncesto, estamos de acordo que este tipo de aplicacións, aínda que en ningún modo poden sustituir á práctica real do deporte, si poden supoñer un interesante recurso de motivación inicial nunha determinada unidade didáctica.


Pois ben, aquí temos outro exemplo algo menos conectado coa realidade motriz que no caso do http://www.playdojam.com/, pero que proxectado e vivenciado ca PDI pode ter uns resultados bastante satisfactorios en canto a motivación e como introducción ao baloncesto.


Trátase dunha aplicación Flash colgada en internet, polo que para usala debemos ter conexión.

sábado, 2 de febrero de 2008

ARTICULACIÓNS E POSTURAS


Aquí vos deixo unha nova proposta dirixida máis ben ao 1º ciclo de Primaria. Trátase dun arquivo flash no que se presenta un boneco articulado que podemos mover de forma similar a un de verdade. Un alumno/a crea unha determinada postura xogando para iso cas diferentes articulacións do boneco. Mentres, os seus compañeiros/as tratarán de representar a mesma postura creada polo compañeiro/a, o cal debe valorar o grao de similitude ca súa creación.
Por outra banda, podemos tratar de que o alumnado distinga entre posturas que supoñan unha situación de equilibrio ou de desequilibrio.
.
Esta actividade estaría relacionada co bloque O corpo: Imaxe e percepción. En concreto estaríamos traballando os seguintes contidos:
........- Experimentación de posturas corporais diferentes.
........- Experimentación de situacións de equilibrio e de desequilibrio.
........- Comprensión do concepto de "articulación" e identificación das principais articulacións do corpo.

Tamén en canto o bloque de Habilidades Motrices penso que poderiamos relacionar esta actividade, ainda que de forma indirecta, co contido:
........- Interese por coñecer as propias posibilidades de movemento e de acción.