sábado, 9 de febrero de 2008

Implicación dos alumnos nas TICS

Hai moita motivación dos alumnos do ceip Os Muíños cada vez que acudimos nalgunha sesión de educación física á aula de informática no nosos centro.
Para comezar fixemos unha breve visita para que coñeceran o que era un blog, e animalos a que se implicaran un pouco máis neste mundillo, creamos o blog de educación física como un espacio a compartir por eles como implicados nas nosas sesións e por nós como implicados no proceso de ensinanza-aprendizaxe para usar dito blog como feedback dalgúns aspectos traballados nas sesións para poder mellorar na nosa práctica.
E por outro lado ás veces acudimos á aula de informática a través do acceso a internet para coñecer outros aspectos referentes á práctica deportiva, como foi no caso do voleibol, xa que acudimos para coñecer o regramento de minivoleibol e os xestos técnicos máis importantes do mesmo;ademais aproveitamos a ocasión para o visionado dun vídeo cós aspectos fundamentais do mesmo.
E unha forma de implicar aos nenos no uso das TICS como medio de búsqueda de calquer información en calquera momento; e polo de agora resúltalles positivo.

2 comentarios:

Mar Vaam dijo...

.
En efecto, o blog é unha ferramenta multifuncional que serve, entre outras cousas para:

1.- Traballar aspectos teóricos da práctica motriz e deportiva.

2.- Como caderno virtual ao que acudir EN CALQUERA SITIO E MOMENTO, o cal permite non so facer partícipes a familiares, amigos e persoas alleas ao centro, senon tamén retomar aspectos vistos na clase.

3.- Como elemento motivador do alumnado, relacionado en parte polo orgullo que sinten ao verse formando parte de Internet.

4.- Como ferramenta de organización e tamén de avaliación do profesor pola capacidade colaborativa do blog (comentarios ou mesmo publicacións dos propios nenos/as).

E, engadiría algo todavía máis importante, e é a posibilidade de AUTOAPRENDIZAXE do alumno/a, posto que no blog faise unha selección de información (videos, powerpoints, enlaces,...) á cal o alumno accede para ampliar, ou reforzar a súa formación.

É, por tanto, unha forma de aprender aspectos de E.F, pero tamén de alfabetizar nas TICs e nos recursos que Internet ofrece.

Anónimo dijo...

estou dacordo con mar, pero eu non podería explicalo tan ben coma ela