lunes, 19 de mayo de 2008

UN FLASH DE BALONCESTO

Como xa quedou patente nun artigo posterior adicado a un xogo con webcam relacionado co baloncesto, estamos de acordo que este tipo de aplicacións, aínda que en ningún modo poden sustituir á práctica real do deporte, si poden supoñer un interesante recurso de motivación inicial nunha determinada unidade didáctica.


Pois ben, aquí temos outro exemplo algo menos conectado coa realidade motriz que no caso do http://www.playdojam.com/, pero que proxectado e vivenciado ca PDI pode ter uns resultados bastante satisfactorios en canto a motivación e como introducción ao baloncesto.


Trátase dunha aplicación Flash colgada en internet, polo que para usala debemos ter conexión.

1 comentario:

Estela dijo...

Ainda non lle teño collido o tranquillo a éste do baloncesto,pero gústame bastante; casi tanto como o do tenis.