sábado, 2 de febrero de 2008

ARTICULACIÓNS E POSTURAS


Aquí vos deixo unha nova proposta dirixida máis ben ao 1º ciclo de Primaria. Trátase dun arquivo flash no que se presenta un boneco articulado que podemos mover de forma similar a un de verdade. Un alumno/a crea unha determinada postura xogando para iso cas diferentes articulacións do boneco. Mentres, os seus compañeiros/as tratarán de representar a mesma postura creada polo compañeiro/a, o cal debe valorar o grao de similitude ca súa creación.
Por outra banda, podemos tratar de que o alumnado distinga entre posturas que supoñan unha situación de equilibrio ou de desequilibrio.
.
Esta actividade estaría relacionada co bloque O corpo: Imaxe e percepción. En concreto estaríamos traballando os seguintes contidos:
........- Experimentación de posturas corporais diferentes.
........- Experimentación de situacións de equilibrio e de desequilibrio.
........- Comprensión do concepto de "articulación" e identificación das principais articulacións do corpo.

Tamén en canto o bloque de Habilidades Motrices penso que poderiamos relacionar esta actividade, ainda que de forma indirecta, co contido:
........- Interese por coñecer as propias posibilidades de movemento e de acción.

1 comentario:

Anónimo dijo...

¡Está xenial o pequeno fantástico este!.Probareino esta semana con algún dos meus pequenos e xa comentarei como llef oi.Ademáis sérvenos para repasar as articulacións, ósos e músculos do corpo que xa traballamos