jueves, 3 de enero de 2008

XUSTIFICACIÓN DO SEMINARIO PERMANENTE

Vivimos nunha sociedade na que as novas tecnoloxías se impoñen en múltiples ámbitos das nosas vidas. A escola, como institución integrada da sociedade, non pode permanecer ao marxe das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). Os mestres/as de calquera área poden e precisan aproveitarse dos recursos informáticos actuais para a súa utilización como material educativo; non só para facilitar o seu traballo diario, senón, sobre todo, como recurso didáctico a empregar co seu alumnado.
Na actualidade as nosas escolas contan con numeroso material informático así como software educativo variado que, en ocasións, debido á falta de formación en ditos medios, non son aproveitados nin sacado deles o máximo partido.


Este é o noso punto de partida: tres mestras que nos atopamos nos nosos centros cun material, algún xa coñecido e máis ou menos dominado (ordenadores, cámaras dixitais,…), pero con outro totalmente novedoso (pizarras dixitais, gps,…), con moitas ganas de buscar oportunidades para utilizalos como parte da nosa metodoloxía.
As tres temos unha experiencia previa respecto a presentacións en Powerpoint, utilización do Word como medio de creación de material, uso da cámara dixital,… Pero sentimos a necesidade de enfocar máis a utilización de estas novas tecnoloxías na nosa área, Educación Física, así como de establecer unha canle de comunicación e de intercambio de información sobre cómo concebimos cada unha de nós o modo de incorporar as TICs nunha área de carácter motriz.

Tras realizar unha autoanálise do que cada un fai respecto a esto, sacamos as seguinte conclusión: temos moitas ideas e proxectos que, ben por falta de tempo ou por sentirnos soas ante o traballo de creación de material, non levamos a práctica.

Por ese motivo, o obxecto deste seminario é o de realizar en pequeno grupo, un traballo que poderíamos dividir nas seguintes fases:
Fase 1: Xeración de ideas sobre qué aspectos da Educación Física podemos traballar a través das TICs.
Fase 2: Elección da forma, soporte e software máis axeitado para traballar dito contido (pizarra dixital, powerpoint, video, internet,…).
Fase 3: Elaboración do material e creación de actividades concretas de aplicación das TICs na área de Educación Física.
Fase 4: Experimentación nas nosas respectivas clases da maior parte das actividades e/ou material elaborado.
Fase 5: Intercambio de información e avaliación conxunta sobre os resultados da aplicación do material.

Ademáis das sinaladas anteriormente, podemos sinalar outras premisas que xustifican a necesidade e importancia deste seminario permanente para a práctica pedagóxica do grupo de participantes:
1.- A lexislación máis actual, LOE (Ley Orgánica 2/2006 de 3 de Mayo de Educación) destaca a importancia da introdución das TIC na aula dende infantil (Título 1, Capítulo 1, Artigo 14), e no recente Decreto 130/2007 que regula o currículo de Educación Primaria contémplase como obxectivo xeral o de iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que recibe e elabora (Obxectivo i).
2.- O nacemento dun novo Plan de Centro como é o Plan de Introdución das TIC, e no que debe participar todo o profesorado, coa convinte reseña das accións que cada área realizará respecto á consecución dos obxectivos de dito plan.
3.- A necesidade de renovar as metodoloxías de ensinanza para poder atender á diversidade das necesidades educativas dos alumnos/as, e a necesidade de atopar novas estratexias para achegar o coñecemento dende unha perspectiva lúdica e interactiva.

No hay comentarios: